Pasa Páxina

Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

viernes, 16 de febrero de 2018

ENTROIDO 2.018

Aquí tedes as imaxes do noso entroido.
 Xa que estamos aprendendo moito das nosas mulleres importantes, podedes ver aos piratas aos que venceu MARÍA PITA, aos matemáticos en honor de MARIA WONENBURGER, a pintores aprendendo de MARUJA MALLO e personaxes do tempo e das historias de EMILIA PARDO BAZÁN.
Queremos agradecer tamén as deliciosas larpeiradas que as familias aportaron para que esta festa fose divertida e ademáis deliciosa.
Un bico con sabor a filloas.


lunes, 22 de enero de 2018

OS CONTOS NA LAREIRA

Aquí temos a sorpresa prometida .
O noso vello trono para contar contos desapareceu, e no seu lugar temos unha bonita e quentiña lareira, como  na que os nosos devanceiros pasaban as noites longas e frías entretidos con historias que se contaban uns a outros.
E, como en todas as  lareiras, hai un gato e algún que outro rato buscando a caloriña.
Para a súa inaguración viñeron Alex e Sara, da marabillosa editorial Kalandraka, e cantaron e contaron vellos e novos contos.



E aquí tedes un vídeo para disfrutar tanto coma nós.
Ata a próxima con máis novidades.

viernes, 12 de enero de 2018

ANO NOVO CHEO DE MAXIA

Este ano novo sei ben que vai estar cheo de maxia. Agárdannos moitas sorpresas na nosa biblioteca... Que será? Prométovos que axiña o saberedes.
 Para comezar, a profe Ana leunos o conto MAGO GOMA:

Este é o Mago Goma.
Un  mago moi singular.
Un mago que garda soños,
nunha caixa de cristal.

E despois descubrimos que no colexio temos un mago pequeno. Mellor dito:  Un  MATEMAGO.
Diego, de 2º curso, é un fenómeno facendo maxia coas matemáticas, e foi quen de sumar ringleiras de números moito máis rápido que os rapaces de 5º e 6º coas calculadoras.
Tamén é verdade que contou coa colaboración imprescindible de Sheila, que lle fixo de axudante. 
 



Nenos, profes e ata eu Rato, quedamos impresionados e esperamos escoitar moitos máis contos máxicos, e moitos nenos e nenas ensinándonos MATEMÁXICAS.
Ata a próxima.

viernes, 15 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS DOS RATOS DAS BIBLIOTECAS

Xa sabedes que os ratos somos moi amigos das bibliotecas.
 A verdade é que en cada biblioteca vive un rato, o que pasa é que somos moi tímidos e non queremos que nos vexan.
O outro día estiven de visita na biblioteca RATICONTO, do colexio de Coirón, que é onde vive un dos meus curmáns, e regaloume unha chea de recomendacións de libros e lecturas para estas vacacións que estan a chegar.
Así que BBOAS VACACIÓNS CHEAS DE PAZ E LIBROS!!
Moitos bicos.


lunes, 6 de noviembre de 2017

COLEXIO MONSTRUOSO (Samaín no Cornide)


 QUEN TEN CU, TEN MEDO!!! 

 Todos temos algún medo. Eu téñolle pánico aos gatos, os gatos aos cans, os cans aos lobos e así sucesivamente.
Tamén hai que teme ás arañas, os fantasmas, ao seu profesor, aos hospitais, aos políticos, aos banqueiros...
Pero eu creo que a quen hai que terlle realmente medo é aos protagonistas deste vídeo, que nos mostran a súa verdadeira cara, xa que so no Samaín os vemos como realmente son.
Graciñas a Jose por retratalos e desenmascaralos.
Picade no vídeo e preparadevos para pasar un rato terrorificamente divertido.
Ata a próxima amiguiños.



miércoles, 25 de octubre de 2017

AÍNDA ANDO POR AQUÍ!!

Si, si, si... Aínda ando por aquí.
Pensábades que andaba de vacacións, ou que xa me esquecera de vós, ou que atopei unha biblioteca mellor?
Nada diso. Eu sigo no José Cornide para todo o que faga falta. Así que disposto a irvos contando o que vou espiando neste colexio.

Preséntovos ás novas fichaxes deste curso: Novos nenos e novos profes. Espero que todos sexan bos usuarios da nosa biblioteca.




Comezamos coas nosas visitas mensuais á biblioteca da Sagrada Familia, disfrutando dun agradable paseo polo parque de Vioño, e traendo as mochilas cargadas de libros marabillosos para a  HORA DE LER.




Seguindo as nosas tradicións máis queridas, os venres día de contos compartidos.
E os vellos profes Rafa e Ana, contaron o conto AVÓS, que é un dos meus preferidos e que me fai sorrir con moita tenrura.






E a profe Rocío, co precioso galego
que fala, foi traducindo  DER GRUFFALO que en
alemán nos ían lendo as nosas amigas xermanas.

E ata a próxima amiguiños.
Porque as próximas serán novas arrepiantes...!!

miércoles, 7 de junio de 2017